<$BlogRSDURL$>

30.4.04

Roberto Carlos

Roberto Carlos é un xogador moi bó. Sabe xogar e dar toques moi ben. Son unha admiradora de Roberto Carlos. Eu non vexo o futbol pero o meu pai sí, e a miña irmá tamén.
Gustaríame saber cando xoga para poder velo sempre.



Carmen Rey García – 4ºB

Escribe a túa opinión

27.4.04

Os Simpson

Os Simpson son unha familia un pouco rara, bueno, menos Lisa. Homer é o máis tonto da familia. Bart é moi travieso e castígano seguido. Marge é a nai de Bart, Lisa e Magui e a muller de Homer. Lisa é unha sabichona que saca sempre sobresalientes. Magui é a máis pequena, no sabe falar nin andar e sempre ten o chupete na boca.
Homer traballa nunha Central Nuclear e é o encargado, o xefe é millonario.
Marge é ama de casa.
Bart e Lisa van ó colexio de primaria de Springfield.
Magui vai á gardería de Springfield.



Damián Martínez Barreiro - 4ºA

Escribe a túa opinión

O Arosa S.C.

O Arosa o outro día gañou 1-0 e marcou Fernando Ramirez de cabeza. Xogaron o Arosa contra o Narón S.C. No descanso do Arosa xoguei eu e máis os meus amigos e perdemos 2-1 o primeiro gol marqueino eu facendo unha chilena e o outro equipo gañounos por un gol e o Narón era moi faltón porque pegaban patadas ós xogadores do Arosa.
Onte xoguei ó baloncesto con David e xogamos un 21 e gañei eu e despóis gañoume el e así é a historia do Arosa contra o Narón

O Arosa gañou 1-0 ao Narón

Jonathan e David - 3ºA

Escribe a túa opinión

A liga de futbol en primeira división

Tras gañar hai dous anos a liga o Valencia, nesta liga 2003/2004 o Valencia esta lider con 71 puntos tras empatar 1 a 1 ó Atletic de Bilbao. Mentres que o Real Madrid perdeu 1 a 2 ante o Barcelona. O Valencia ten máis posibilidades de gañar a liga ca o Real Madrid que leva enriba unha mala racha con Ronaldo lesionado por unha sobrecarga muscular no muslo esquerdo. O Madrid foi eliminado na copa do rey contra o Zaragoza 3 a 2 (árbitro comprado polo Zaragoza). Na champions o Monaco eliminou ó Madrid (ida 4 a 2 e volta 3 a 1) en Mónaco o último partido.

Javier Galiñanes - 3ºA

Escribe a túa opinión

A victoria do Barcelona ante o Real Madrid

O Madrid xogou moi ben pero non tivo sorte.
O Barcelona xogou regular pero gañou ó Madrid, os goles marcáronos para o Madrid: Solari , e para o Barcelona: Kloivert e Xavi.
O Real Madrid ó final do partido estivo moi caso.
O F.C Barcelona cando chegou a Barcelona tódolos seus fans foron a celebrar a victoria a unha fonte de alí.
Xosé Carlos e Anxo - 3ºA

Escribe a túa opinión

22.4.04

A bruxa mala e o bruxo bó

Nesta paisaxe, unha vez houbo un castelo dunha bruxa moi mala. Fai moito tempo, un día, un neno entrou no castelo da bruxa e a bruxa hechizouno para que fora espía e se enterara do que pasaba no pobo. Un día o neno díxolle á bruxa que había un bruxo bó no pobo. A bruxa enfureceuse. O bruxo bó deshechizou ao neno e foi á casa da bruxa mala. E fixeron un combate de maxia. Como o bruxo bó era intelixente convirtiu a casa da bruxa mala nun paisaxe bonito e a bruxa mala foise a vivir a Marte, e nadie sabía da bruxa mala.

No país desta historia hai unha bruxa moi mala e un bruxo bó

Alba e Andrea- 4ºB

Escribe a túa opinión

O atentado de Madrid

O 11 de Marzo ocurriu unha desgracia en Madrid. Un grupo de árabes terroristas puxeron bombas en mochilas e maletas na estación de Atocha. Morreron aproximadamente 200 persoas. Morreron 2 embarazadas, e outra está a punto de morrer. Tamén morreron mulleres, homes e nenos/as de varios paises. Houbo moita xente que axudou aos feridos, foi a policia, a gurda civil, hospitais de campaña,e moitos voluntarios, os hospitais estaban cheos. A xente buscaba ós seus familiares polos hospitais. Prepararon un pavillón dunha feira para os mortos. Ao día seguinte houbo moitas manifestacións en España. As calles estabán cheas de xente ehoubo 3 días de loito en todo o país.
Aproximadamente o 28 de Marzo os terroristas estaban nun edificio de Leganes.
Tamén ían a poñer una bomba nun carril do AVE.

Os terroristas puxeron varias bombas nun tren en Atocha

Jennifer e Laura - 4ºB

Escribe a túa opinión

Un lío de comentarios

¡Ola!. Chamámonos Andrea e Yanire, non somos irmás nin primas, pero temos o primeiro apelido igual. Ímovos contar algunhas cousas sobre os nosos compañeiros. Empezamos por Gabriel: cando íamos en segundo, chegou ao colexio. Usa gafas, ten o pelo curto e é un pouco despistado. Seguimos con Fernando que repiteu segundo e por iso vai con nós. El tamén é algo despistado. E por último imos a falaros de Rubén:Veu do colexio de Vilaxoán en terceiro, cunha nena que se chama Cristina.
Sabemos que ao mellor non vos vai a interesar moito esta página, pero seguiremos facendo máis. Estamos enfadadas porque non nos mandaron mensaxes sobre o noso debuxo.
Un saúdo a tódolos lectores de esta páxina.

Andrea Vilas e Yanire Vilas - 4ºB

Escribe a túa opinión

A festa de San Antón

A festa de San Antón é unha festa dun santo. Pola noite faise outra festa con: Orquestras e fan unha churrascada e tamén dan criollos e pasámolo moi ben. Esta festa faise pola Asociación de veciños onde eu vivo e é moi divertido. Faise tódolos anos.

Rubén Rego del Río - 4ºB

Escribe a túa opinión

Dani Pedrosa

Dani Pedrosa foi unha vez campeón do mundo. Dí que a forza é azul. Pasou de 125cc a 250cc . É moi bó e ten 18 anos. O seu pai sígueo apoiando. Non sabe nin como gañou a súa primeira carreira en 250cc . ¡ Foi increible !.

Dani Pedrosa recibindo un premio

Anxo e David - 4ºB

Escribe a túa opinión

Chenoa

Chenoa é unha gran cantante, fai pouco estivo en Padrón con Bisbal cantando e eu funnos a ver como cantaban.

Na festa da Pascua Chenoa estivo en Padrón

Gabriel - 4ºB

Escribe a túa opinión

O Deportivo da Coruña

O Deportivo ten varios xogadores moi bós: Luque, Andrade, Victor, Fran, Mauro Silva, e Valerón.
O Depor no 2004 anda 3 ou 4 postos na liga. Ten opción de gañar a Champions. Conseguiu gañar en Riazor ó Milan: 4-0 marcou Pandiani, Valerón, Luque e Fran.

Estamos nun ano bó para o Depor

Fran Raposo - 4ºB

Escribe a túa opinión

O R.C. Celta de Vigo

O Real Club Celta é o meu equipo favorito. O meu xogador preferido é Gustavo López. Antes era Pablo Coira, nunca fun a ver un partido. Pero me gustariame ir. A miña irmá foi dúas veces ou tres. O meu pai polo meu cumpreanos ao mellor regálame as botas, as medias, a camiseta e o pantalón de Gustavo López. O meu profesor de ximnasia é do Celta, e Fernando tamén. Bueno un saúdo de Cristina.

O Celta este ano está sufrindo moito na liga

Cristina Rodríguez Rial - 4ºB

Escribe a túa opinión

Motos Tuning

As motos tuning son motos coma os coches tuning pero as motos son mellores para min porque as podes poñer mais preparadas cos coches. Podes meterlle escape, motor, carburador e pistón.

As motos tuning son as mellores

Alberto Señoráns Pazos - 5ºB

Escribe a túa opinión

O entrenamento de fútbol

Un día cando fun a entrenar empezamos quentando nocellos, despóis fixemos cintura, tamén fixemos nocellos ao cú e por último paredes.

Os xogadores do Madrid tamén fan entrenamentos

Diego Montenegro Fernández- 3ºB

Escribe a túa opinión

20.4.04

Ferrari

A marca Ferrari é unha das mellores marcas de coches entre : Audi , Porche , Jaguar, Bmw e Alfa Romeo. Soen ser de cor vermello ou amarelos, son de bó motor e de moitos cabalos , custan moito diñeiro . Vense moi pouco por España. Por onde máis se ven son nos paises extranxeiros como : Alemaña, EE. UU. etc. Teñen unha dura suspensión e unhas rodas resistentes á auga e agárranse moito mellor ao chan cando chove . As rodas deben ser de aluminio como todos.

O Ferrari: un coche con moitas prestacións pero moi caro

Adrián Cardalda Abalo - 4ºA

Escribe a túa opinión

Como é Vilagarcía

Vilagacia é moi bonita, ten moitos comercios. Hai un centro comercial que ten moitas cousas, hai moitos parques, ten moitos bares, un porto onde hai moitos barcos, hai un McDonalds e un Pizza Móvil.

Sara F.J - 4ºB

Escribe a túa opinión

19.4.04

A Romería

A romería que facemos cada ano polo Día das Letras Galegas é moi divertida. Coa morea de xogos que hai pasámolo moi ben. Cando chega a hora de comer buscamos á nosa profe. Cando marchamos os pequenos van no autobús, e os maiores andando.
Os principias xogos son: a corda, a chave, a carreira de sacos, o tiro da corda, o reloxo, e moitas cousas máis.

Na romería do Día das Letras comemos productor típicos da Terra, xogamos e disfrutamos cos gaiteiros

Verónica e Noelia D. - 4ºA

Escribe a túa opinión

Moto gp

O actual gañador de moto gp é Rossi. Rossi cambiou de equipo porque se aburría de gañar tódalas carreiras. Antes tiña unha moto “HONDA” pero ao cambiar de equipo lle deron unha moto “YAMAHA”.
Atopei esta páxina en internet onde podes ler máis cousas .

Rossi é un verdedeiro campeón

Rodrigo - 4ºA

Escribe a túa opinión

O Equipo Real Madrid

O Real Madrid é un equipo de fútbol. Din que é o mellor porque os cracks de Beckham e Raúl son os mellores. Eu son do Celta pero tamén me gusta o Madrid.

O Real Madrid é un equipo galáctico con moitas estrelas

Alexandra e Gabriel - 4ºA

Escribe a túa opinión

O F.C. Barcelona

O Barça é un equipo de fútbol. É moi bó, co crack de Ronaldinho non hai quen nos gañe. Tódolos partidos quedamos 2-0, 4-1, 5-0 e así. Todos pensades que ó Madrid nos vai a gañar, pero sempre empezamos perdendo e sempre acabamos gañando. Agora falamos do entrenador Frank Riikjard. Riikjard é bó entrenador e sufre moito no banquillo cando xogan, pero sempre acaba sorrindo.

Ronaldinho tanto é quen de meter un gol como de romper fiestras de catedrais

Miguel e Christian - 4º A

Escribe a túa opinión

A clase de informática

Nos tres trimestres aprendemos moitas cousas na clase de informatica, como por exemplo: buscar en Google e moitas outras cousas como gardar fotos ou textos, etc…… A andar en Internet Explorer, andar nos xogos do ordenador, entrar en Educalia e escribir contos, como por exemplo: "A chaqueta 3" que foi un conto de terror que escribín.

Estefanía e Diana - 4ºA

Escribe a túa opinión

Keanu Reeves

Keanu Reeves é o personaxe da película Matrix 1 2 e 3 coñecido como "Neo". E é a estrela da película. As escenas que máis me gustan son cando loita contra Hugo Weaving, o axente Shmid cando lle machaca as gafas, cando crean unha bola destructora, etc.

Matrix foi unha película de moito éxito da que se fixeron tres partes ata o de agora

Xoán A. B. - 4ºA

Escribe a túa opinión

Tuning

Os coches son o mellor, sobre todo os tuning. Teñen de todo: nitro, turbo, aleróns, asentos de esparco, etc...
(Para os que non o saiban: os coches tuning son coches preparados).

Os tunings teñen cores moi vistosas e moitos aleróns

Aaron C. V. - 4ºA

Escribe a túa opinión

A miña clase

A miña clase é como unha selva. Temos plantas de tódalas clases, e somos dezanove alumnos. A nosa profesora Chony é moi boa e os exercicios explícaos moi ben e así entendémolos todos. Eu e as miñas amigas sempre traemos a mesma roupa cando quedamos. As miñas amigas chámanse: Verónica, Alejandra, Noelia, Noelia H e Estefanía. Dentro de 7 días é o meu cumple.

Jennifer B. R. - 4ºA

Escribe a túa opinión

15.4.04

Bustamante

David Bustamante estivo estudiando para ser cantante na Academia de Operación Triunfo. Canta moi ben, e foi o terceiro finalista da Academia. É o meu ideal , teño tódolos seus discos. É guapísimo, ten o pelo de cor negro e os ollos de cor marrón.

Bustamante foi un dos participantes na primeira edición de Operación Triunfo

Cristina - 4º B

Escribe a túa opinión

Fantasía de Primavera

Yanire e Andrea Vilas de 4º B fixeron un debuxo co programa Paint sobre a chegada da Primavera.

Debuxo sobre a chegada da primavera


Escribe a túa opinión

Impresións

Son un alumno que fai dous anos que vin para este colexio. As cousas que me gustaron foron :A primeira foi a biblioteca , e os compañeiros da clase son moi bos e moi xenerosos. A min o que non me gustou o principio cando vin foi que me alonxei dos meus amigos preferidos do outro colexio:Alberto e Alejandro. A materia que non me gusta é as matematicas e o que máis me costa aprobar.

Rubén - 4º B

Escribe a túa opinión

Intercambios

Nos colexios de Vilaxoán, A Escardia, Arealonga e O Piñeiriño tódolos trimestres facemos intercambios deportivos . Nos intercambios facemos xogos por exemplo o futbol sala no primeiro trimestre, paracaidas no segundo e xogos populares no terceiro. Nos intercambios pasámolo moi ben porque os entrenadores explícannos moi ben as cousas ainda que se lían un pouco explicando . Xogamos aproximadamente unha ou dúas horas. E imos os alumnos de 3º a 6º.

Alumnos de 6º nos intercambios de microfutbito no primeiro trimestre

Fernando e Bruno de 4º B

Escribe a túa opinión

A festa da auga

A festa da auga celébrase o 16 de agosto en Vilagarcía. É moi divertida porque podemos mollarnos e tirarnos ao mar. Os bombeiros desde seis ou sete camións bótanche auga e tamén a tiran dende os pisos. Hai algúns que ata se meten nas fontes. Onde máis xente hai é na Praza de Galicia.

A Festa da auga é un dos actos máis agardados por todos durante o San Roque en Vilagarcía

Fran Raposo, José Angel Piñeiro e Dani Rivas - 4ºB

Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?