<$BlogRSDURL$>

28.4.06

Copliñas dos maios 2006

Os nenos e nenas de 2ºB fixemos estas coplas para cantar os maios de este ano:

A profe María

tivo un bebé

naceu antes de tempo

preguntámonos porqué.


En Semana Santa

pasámolo moi ben

entre procesións

e rosca tamén.


Durante o magosto

asámo-las castañas

estaban tan duras

que houbo que tiralas.


Coa ceniza

pintámono-la cara

e antes de ir a casa

tivemos que lavala.


O Día da Paz

puxemos unha estatua

non é moi bonita

debeu ser barata.


Soltamos unha pomba

no campo de cemento,

estaba despistada,

había moitos nenos.


Que ben o pasamos

neste carnaval

pero como choveu

tivemos que entrar.


A Princesa Leonor

está desaparecida,

dín que con Bin Laden

na cova está metida.


Nenos e nenas de 2ºB


Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?