<$BlogRSDURL$>

17.10.06

Un avó na biblioteca

Ao noso colexio veu un avó chamado Don Carmelo. Explicounos como aprendeu a ler.
Escribiu oito contos. O que míis me gusto foi: SEN DROGAS SE VIVE MELLOR. Don Carmelo dixo que o debían de ler os pais e os nenos de 13 e 14 anos. Tamén escribiu un libro que se chama YO MAESTRO. Don Carmelo foi profesor en Venezuela. Un neno chamou a outro e lle dixo que si quería ir a xogar, e o neno lle dixo que iría a estudiar. Don Carmelo dixo que o importante e ler coa imaxinación. Gústalle ver as nubes, a natureza, e tamén ir pola praia. FIN

Mahewa e Sara - 4ºB

Escribe a túa opinión

O Colexio do Piñeiriño

O colexio O Piñeiriño é moi bonito. Hai moitos nenos de todos os paises e os profes fan que os nenos e as nenas aprendan moi ben o español. Eu estou aprendendo o galego, e gústame moito falar galego neste colexio. Estou moi contenta con este colexio e meu pai e miña nai tamén.

Carmen - 4ºB

Escribe a túa opinión

O zorro - A película

O zorro era un home que loitaba pola xustiza. Era moi bo espadachín pero todo o mundo pensaba que era un ladrón e todo o mundo intentaba atrapalo para mandalo ao cárcere. Incluso todo o exército do xeneral. Pero o zorro sempre conseguía escapar deles todos. Un día o zorro morreu e todos estaban moi contentos de que morrese, pero despois apareceu un home chamado Fernando que encontrou un cabalo negro ao que lle chamou
Tornado porque tiña un raio branco no pescozo. Un día atopou unha cova na que había un home que resultou ser o mestre do zorro.

Eu ao principio non entendía nada, pero ao cabo dun tempo funo entendendo e durante
3 ou 4 anos de entrenamento no pobo volveu a aparecer un novo zorro.

Jorge e Xulio - 4ºA

Escribe a túa opinión

Portugal

Eu fun a Portugal e cando cheguei había mercado. Compráronme roupa e unha bandeira, asi foi como descubrín que os sábados e os mércores hai mercado.
E tamén foi miña prima Yolanda, e a ela tamén lle compraron roupa. Foron ademáis os meus pais e miña tía Lurdes de A Lomba.


Noelia e Gloria - 4ºA

Escribe a túa opinión

Caperu

Un día vimos no cine unha película que nos chamou a atención. Trataba dun lobo periodista, unha avoa deportista, un leñador tirolés e un coello malvado.




Ana e Alba - 4ºA

Escribe a túa opinión

Os peixes do colexio

Os peixes do colexio son de cor laranxa. Son moi bonitos. Somos moi amigas dos peixes.




Isabel e Andrea - 4ºA


Escribe a túa opinión

O profesor de Informática

O profesor Toño é un profesor especializado en ordenadores. Gústanos moito vir a informática os martes, e gústanos o que fai o profesor. Tamén nos gusta xogar co ordenador.




Marta Alfonso e Laura Abalo - 4ºA


Escribe a túa opinión

Toño

O profesor TOÑO ensínanos moito de informática. Moitas gracias Toño por eninarnos. Facemos debuxos, escritura, Tangram, programas educativos, etc.

Sara e Rebeca - 4ºA

Escribe a túa opinión

15.10.06

O Vaqueiro torpe

Érase unha vez un vaqueiro torpe. O xefe mandoulle facer un adestramento e facíao moi mal e facíase moito dano. Un día foron de caza. Disparou e deulle a un dos seus compañeiros. Quería escapar pero como era un vaqueiro torpe caeu do cabalo e ao final foi ao cárcere.

Sara e Iván - 3ºB

Escribe a túa opinión

10.10.06

Carreiras ilegais

Dixeron na televisión que eran ricos e famosos. Corrian con Ferraris, Porches e Jeps. Poñíanlle multas de 4.500 € e dician que eran moi baratas. Para eles é un Campeonato Europeo. Usan coches tunning.

Jose Nogueira e Pedro Lojo - 4ºB

Escribe a túa opinión

Na nosa clase hai unha nena nova

Na nosa clase hai unha nena nova. Chamase Nadine. É a miña amiga e é moi boa conmigo. Ven de Holanda. Está aprendendo a falar español e a escribilo.
Andrea é moi amiga miña. Sentámonos xuntas. A profe chamase Fina e é moi boa. Son todos moi amigos meus.
En Holanda tiña unha amiga chamada Yasmin.
Teño unha irmá. Chámase Aileen.
Eu teño tamen un irmán, chámase Pedro, vai en primeiro e é moi bo.
A súa irmá tamen é moi pillabana. Sempre quere xogar conmigo. Este texto espero que vos guste. A min gustoume moito e a Nadine tamén. Adeus.

Andrea e Nadine - 4ºB




Escribe a túa opinión

8.10.06

Noticia

Unha balea atrancouse nunha rede e non puideron sacala e morreu. A noticia saleu no xornal e na televisón. Tamén aquela película chamada Million Dollar Baby que ganóu varios oscars.





Gabriel e Jose - 3ºA


Escribe a túa opinión

A profesora de música

A nosa profesora de musica chámase Maria. É moi divertida e moi boa. Ensínanos moitas cancións e poesías. É a profesora que máis nos gusta e querémola moito.




Tareixa e Jennifer - 3ºB


Escribe a túa opinión

O furacán

O xoves pasado non puidemos ir ao colexio porque houbo un furacán. Non foi tal cousa e si puidemos ir, aínda que foi algo forte en algúns sitios porque tirou un contenedor das Pistas. Na casa da miña avoa tirou unha baldosa da parede de fóra da casa. Eu non puiden durmir porque estaba nervosa.




Eva Millán e Laura Gómez - 3ºA


Escribe a túa opinión

Shin Chan

Habia unha vez un neno chamado SHIN CHAN. A veces portábase mal e a súa nai Misae ten que ir a por el. A Himawari gústanlle as cousas brillantes e escóndeas. Ao seu pai Hiroxi gústanlle as chicas con tanga, e Misae pégalle.

Sandra B - 3ºA

Escribe a túa opinión

Os meus xogos preferidos

Os meus xogos preferidos son o futbol, a comba , o baloncesto, as matematicas , a lingua, etc. Gústame ir ao colexio, ás veces, e xogar.

Angel Vázquez Romero - 3ºB

Escribe a túa opinión

Películas e Libros

A pelicula de Cars é moi divertida. Trata sobre coches. É en 3D, e na película non saen persoas nin anímais.
Os libros son moi divertidos. Hai persoas que son moi lectoras. Os máis longos son os de Harry Potter e Kika Superbruxa.


Sara Mondragón Ferreira e María Tajuelo Real - 3ºB

Escribe a túa opinión

6.10.06

Arxentina e Venezuela

Venezuela é un pais moi fermoso e hai moita calor e coñecerás Caracas que é a capital. Os coches están pintados e case todo son praias e casas.

Arxentina é preciosa. Dígoo eu que son arxentino.

Julián e Miguel - 3ºB


Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?