<$BlogRSDURL$>

2.2.07

A Paz é moi bonita

A paz é moi bonita e preciosa. A paz celébrase en Xaneiro. A Paz non é un conto bonito. A Paz faise pouquiño a pouco e non se pode comprar con diñeiro.

Laura e Jose - 3ºA

Escribe a túa opinión

A Paz do Mundo

A paz é o símbolo do amor, a amistade e a compañía. Se houbese guerra algúns dos nosos familiares morrerían. Grazas á PAZ xa non hai Guerra no noso mundo e así os nosos familiares non morren. Así haberá igualdade, amor e amistade no noso mundo chamado TERRA.

Natalia - 3ºB




Escribe a túa opinión

A Igualdade

A igualdade é moi importante para a paz. Sobre todo porque os homes e as mulleres a maioría das veces non convivimos.

Roberto e Iván - 3ºB

Escribe a túa opinión

A Paz

A PAZ é fermosa e linda, e cando soltamos a POMBA DA PAZ aínda é máis fermosa e linda. Nos somos a PAZ dos nosos pais porque dámoslle a felicidade e o sorriso.
¡NOS SOMOS A PAZ NO MUNDO!. ¡VIVA A PAZ!.

Sara P. e Lucía - 3ºB

Escribe a túa opinión

A Paz e o Amor

A paz é moi importante na Terra, para que pare a guerra. O amor tamén é moi importante para querer os amigos e a familia.
Sara M. e María T. - 3ºB

Escribe a túa opinión

O Día da Paz

Coa paz o mundo está mellor de guerras e de loitas. O mundo está mellor para os nenos, para os maiores e para todos. O mundo estaría mellor. Que non continúen as guerras, as loitas, que non continúen, por favor.

Sara R - 3ºB

Escribe a túa opinión

This page is powered by Blogger. Isn't yours?